Este blog foi creado para un grupo de traballo: “O uso didáctico das TIC e os novos roles do profesor” Usando esta ferramenta elaborarase a unidade didáctica: “A historia de Vilalba ao longo dos tempos” e aplicaranse na aula cos alumnos os coñecementos adquiridos.
Festas populares
abril 13, 2008As festas patronais da Vila teñen lugar os días 31 de agosto -San Ramón- e o 1 de setembro -Santa María-. As celebracións duran máis dunha semana na que se suceden numerosas actividades. Orquestras, grupos de folc, proxeccións cinematográficas, representacións teatrais ou xogos para os cativos conforman só unha parte do programa dos festexos.
Cómpre salientar ademais a Xira Campestre, que reúne cada ano a máis de 30.000 persoas no río Madalena. Os asistentes gozan neste contorno privilexiado do xantar, cea e actuacións durante dous días. Doutra banda, a Xira Campestre da Terceira Idade leva máis dunha década atraendo a maiores de toda Galicia e do norte de Castela León.
Feira dos Capóns. Conta cunha grande tradición. Celébrase o 21 de decembro e a súa estrela son os capóns, polos alimentados a man, cunhas bolas de masa de fariña de millo e pataca, aos que durante a época de engorde se introducen nunhas xaulas chamadas capoeiras para inmovilizalos e acelerar o seu engorde ata o momento do seu sacrificio o día antes da feira.
Personaxes ilustres
abril 12, 2008Lois Peña Novo (político e insigne galleguista)
Manuel Fraga Iribarne (líder politico de derechas)
Antonio María Rouco Varela (cardenal de la iglesia católica)
Darío Villanueva (historiador)
Manuel Mato Vizoso (periodista e historiador)
Ramón Chao (periodista y escritor, padre de Manu Chao)
Escrito por traballo